Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34694

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO da exposición pública da delimitación de solo do núcleo rural da Rabilonga.

Nesta Secretaría Municipal (Negociado de Urbanismo e Obras) tramítase expediente relativo á delimitación de solo de núcleo rural conforme a disposición adicional segunda, punto 2, da Lei 9/2002, do 30 de decembro:

Solicitante: Alberto Damián López Filoso.

Situación: A Rabilonga, parroquia de Noche (Vilalba).

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, sométese o expediente de referencia a exposición pública polo prazo dun mes na Secretaría Municipal, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vilalba, 4 de agosto de 2015

Gerardo Criado Guizán
Alcalde presidente