Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 26 de agosto de 2015 Páx. 34884

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación das obras de urbanización da rúa Calvario.

Aprobado por Decreto da Alcaldía do 28 de xullo de 2015 o expediente de contratación, incluídos o pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán a contratación das obras de urbanización da rúa Calvario, expóñense ao público durante oito días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente, anúnciase o concurso e aprazarase a licitación se resulta necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello da Guarda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: urbanización da rúa Calvario.

3. Modalidade de adxudicación.

Procedemento aberto con varios criterios de adxudicación. Tramitación ordinaria.

4. Tipo de licitación.

216.464,57 euros (douscentos dezaseis mil catrocentos sesenta e catro euros con cincuenta e sete céntimos), IVE incluído.

5. Garantía.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de vinte e seis días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG, na forma sinalada nas cláusulas 15 e 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura de proposicións.

Ás 10.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá, en acto público á apertura dos sobres B e C. Para estes efectos, se tal día é sábado o acto terá lugar o día hábil seguinte.

9. Obtención de documentación e información.

Concello da Guarda. Praza do Reló, nº 1, 36780 A Guarda.

Páxina web: www.aguarda.es

Teléfono: 986 61 00 00, fax: 986 61 02 83.

10. Criteiros de adxudicación.

Os criterios base para a adxudicación serán os seguintes:

A) Proposta de baixa no prezo........................................................ ata 20 puntos.

B) Proposta de redución de prazo de realización das obras............ ata 6 puntos.

C) Proposta de ampliación do prazo de garantía............................. ata 4 puntos.

11. Requisitos do contratista.

Non se exixe clasificación.

12. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do contratista adxudicatario.

A Guarda, 31 de xullo de 2015

Antonio Lomba Baz
Alcalde