De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 12 de agosto de 2015 relativo ao proxecto de xestión de residuos non perigosos (RNP), procedentes das obras do acceso ao porto de Burela no lugar de Granxa do Eixo, no concello de Foz, promovido pola empresa Sociedad Anónima de Obras y Servicios Copasa (clave 2015/0106).
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental