Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 10 de setembro de 2015 Páx. 36416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2015/67-2, 8261 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Revolta SAT e San Martiño SAT.

Domicilio social: A Casanova-Noche-Vilalba.

Denominación: LMTS, CTI e RBTA para subministración eléctrica a explotacións gandeiras.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe no apoio no cal se sitúa o actual CTI A Casanova (12255) e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 862 metros en condutor RHZ1-150 mm.

2. Centro de transformación intemperie proxectado sobre apoio de celosía, cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión aérea formada por dous circuítos, con orixe no centro de transformación proxectado e final nas CXP dos solicitantes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 26 de agosto de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo