Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2015/75-2, 8269 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: adecuación CT Casanova (11255) para atención á nova demanda en Noche.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no seccionador situado en apoio metálico existente e final no CT pé de poste Casanova, cunha lonxitude de 14 metros en condutor RHZ1-240 mm.

– Centro de transformación prefabricado Casanova, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Rede de baixa tensión soterrada con orixe no CT Casanova e final na rede de baixa tensión existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 26 de agosto de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo