Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37233

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2015 pola Axencia Turismo de Galicia, que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Convenio

Importe achegado pola axencia (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto de Turismo de España, (Turespaña) e a Axencia Turismo de Galicia sobre as prácticas internacionais de bolseiros nas consellerías de turismo no exterior (oficinas españolas de turismo).

Sen achega económica

20.5.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Cursos Internacionais da USC, S.L. para a realización de cursos internacionais no estranxeiro coa temática do Camiño de Santiago.

20.000 €

21.5.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Muíños para a realización do plan director do xeodestino nº 10 Celanova-Limia.

14.400 €

21.5.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Tui para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística.

3.322,55 €

27.5.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Pontedeume para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística.

5.254,60 €

27.5.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Palas de Rei para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística.

8.000 €

27.5.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Samos para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística.

7.545,15 €

27.5.2015

Convenio de colaboracion entre a Axencia Turismo de Galicia e Abanca Obra Social para cesión de uso de espazos.

Sen achega económica

28.5.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Municipios da Ría de Arousa zona norte para a realización de actividades de promoción do turismo no destino Arousa norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.5.

60.000 €

11.6.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade do Salnés para a realización de actividades de promoción do turismo na comarca do Salnés, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.5.

106.000 €

11.6.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade Terras de Pontevedra dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro para a realización de actividades de promoción do turismo na comarca de Pontevedra, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.5.

60.000 €

11.6.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra para a realización de actividades de promoción e información do turismo na Ribeira Sacra, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.5.

106.000 €

11.6.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello do Grove para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística.

8.000 €

15.6.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Escola Universitaria de Turismo do Centro Español de Novas Profesións para a realización de prácticas académicas.

Sen achega económica

15.6.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol para a realización de actividades de promoción e información do turismo na comarca de Ferrolterra, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.5.

60.000 €

18.6.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e os concellos de Nogueira de Ramuín e Parada de Sil para o desenvolvemento e explotación do produto turístico denominado Centro BTT Ribeira Sacra.

Sen achega económica

18.6.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Galega da Propiedade Balnearia para o desenvolvemento dun proxecto de xestión e documentación médica dos balnearios en Galicia.

21.344,40 €

19.6.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense para a realización de actividades de promoción do turismo na Mariña Lucense, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.5.

80.000 €

22.6.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Estrada para a celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo 2015.

40.000 €

25.6.2015

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Deputación de Lugo para a realización de actividades de valorización dos recursos culturais e turísticos na provincia de Lugo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.1.

Sen achega económica

29.6.2015

Convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e Paradores de Turismo de España, S.A. para a realización de prácticas formativas.

Sen achega económica

16.7.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Fundación Festa da Istoria de Ribadavia para a celebración da Festa da Istoria 2015.

25.000 €

20.7.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Rural de Desenvolvemento da ría de Muros-Noia para a realización de actividades de valorización dos recursos turísticos no xeodestino ría de Muros-Noia.

40.000 €

20.7.2015

Addenda ao convenio de colaboración que regula a subvención mediante concesión directa da Axencia Turismo de Galicia á Fundación Catedral de Santiago para a execución da obra de rehabilitación da edificación denominada «Asilo de Carretas» para a creación dun centro de acollida aos peregrinos en Santiago de Compostela, cofinanciado con fondos do programa operativo Feder Galicia 2007/2013 T.P.5.57.1 (80 %).

Sen achega económica

20.7.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Nove Grupo Gastronómico, para a promoción da gastronomía de galicia na cidade de Donosti-San Sebastián.

80.000 €

29.7.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Coruña para a celebración da Festa das Fogueiras de San Xoán 2015.

15.000 €

3.8.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a implementación de liñas de actuación do Plan integral de turismo de Galicia.

50.000 €

3.8.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Valga para ampliación e mellora do Belén Artesanal de Valga.

42.135,76 €

5.8.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio As Mariñas para a realización de actividades de promoción e información do turismo no xeodestino As Mariñas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.5.

40.000 €

7.8.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración da Feira Internacional do Turismo Termal, Termalismo, Talasoterapia e SPA Termatalia 2015, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, T.P. 5.57.4.

24.100 €

12.8.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Arbo para mellorar o acondicionamento do entorno fluvial das pesqueiras.

133.910,70 €

12.8.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación CMAT (Costa da Morte Asociación de Turismo) para a realización de actividades de valorización dos recursos turísticos no xeodestino Costa da Morte.

80.000 €

13.8.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ourense para a realización de actividades de promoción do turismo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.5.

139.600 €

21.8.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Confederación Española de Directivos e Executivos-CEDE.

15.000 €

26.8.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Salvaterra do Miño para mellorar o acondicionamento do contorno fluvial das pesqueiras.

93.928,79 €

28.8.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra para a realización de actividades de promoción do turismo na Ribeira Sacra.

100.000 €

28.8.2015

Convenio de colaboracion entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago de Compostela para a mellora da xestión do fluxo de peregrinos na Catedral de Santiago.

100.000 €

28.8.2015

ANEXO II

Convenio

Importe achegado pola axencia (€)

Data sinatura

Convenio entre o IES María de Zayas e Soutomaior e a Axencia Turismo de Galicia para o desenvolvemento do módulo profesional de formación en centros de traballo.

Sen achega económica

26.2.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Meis, o Concello de Meaño e o Concello de Ribadumia.

Sen achega económica

13.3.2015

Addenda al convenio de colaboración entre la Fundación EOI e a Axencia Turismo de Galicia e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia para levar a cabo un proxecto para o fomento da innovación e a competitividade nas pemes do sector turístico vinculadas ao Camiño de Santiago «Camiño intelixente».

Sen achega económica

30.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lugo para a celebración das festas de San Froilán 2015.

15.000 €

17.4.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través Axencia Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense a través do Inorde para a realización de actividades de dinamización turística na provincia de Ourense.

100.000 €

29.4.2015