Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37759

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Mezquita

ANUNCIO da modificación puntual número 1 de delimitación do solo do núcleo rural de Sobreosmuíños (O Pereiro).

Neste concello tramítase a modificación puntual número 1 de delimitación do solo do núcleo rural de Sobreosmuíños-O Pereiro, aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria urxente do 12 de agosto de 2015.

Tendo en conta que esta modificación afecta a referida delimitación, con base na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas posteriores modificacións, ábrese un novo período de exposición pública durante o prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. Durante este tempo poderá ser examinado e poderanse formular as alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

A Mezquita, 15 de setembro de 2015

Rafael Pérez Vázquez
Alcalde