Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude formulada por Dictino Barreda López, en nome e representación da mercantil Pizarras Veira do Río, S.L., para a declaración da urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para continuar cos labores da concesión da explotación mineira ampliación As Revas 5873, no concello de Mondoñedo (expediente 005/2014 minas).

A empresa Pizarras Veira do Río, S.L. con domicilio social na Beira do Río, s/n, 27742 Mondoñedo-Lugo, solicitou a declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa dos terreos situados no termo municipal de Mondoñedo que se relacionan no anexo e que son necesarios para continuar cos labores propios da concesión de explotación mineira ampliación As Revas nº 5873. Esta solicitude faise ao abeiro do artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co establecido nos artigos 18 e 19 da citada Lei de expropiación e nos artigos 17, 18, 24 e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, en concordancia co establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administratrivo común, ábrese un período de información pública polo prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da última públicación desta resolución.

Durante este prazo, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rolda da Muralla, nº 70, Lugo) e presentar as alegacións que consideren convenientes ou achegar cantos datos permitan a rectificación de posibles erros cometidos na relación de propietarios e predios afectados.

Todas as alegacións deberán dirixirse a esta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria e presentaranse por duplicado no Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, no enderezo antes indicado ou a través de calquera das formas sinaladas no artigo 38 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 3 de setembro de 2015

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Lugo

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Provincia: Lugo.

Termo municipal: Mondoñedo.

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Sup. parcela

(m2)

Sup. que se expropia (m2)

Propietario e enderezo

503

550

Trigueira

Agrario

(matogueira)

28.080

28.080

Erundina García Leiras

A Beira do Río, nº 2

27742 Mondoñedo (Lugo)

503

551

Abeas

Agrario

(prados e pradeiras)

9.270

9.270

Mª Carmen Balseiro Pérez

Souto Seoane, s/n

27742 Sta. Mª Maior

Mondoñedo (Lugo)

503

552

Abeas

Agrario

(matogueira)

5.200

5.200

Mª Carmen Balseiro Pérez

Souto Seoane, s/n

27742 Sta. Mª Maior

Mondoñedo (Lugo)