Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38016

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 15 de setembro de 2015 pola que se modifica a autorización do centro privado Los Sauces do concello de Mos (Pontevedra).

A representante da titularidade do centro privado Los Sauces, do concello de Mos (Pontevedra), solicita a supresión de 1 unidade de educación secundaria obrigatoria e a ampliación de 1 unidade de educación primaria.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Suprimir 1 unidade de educación secundaria obrigatoria e ampliar 1 unidade de educación primaria no centro privado que se sinala:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Los Sauces.

Código: 36019921.

Enderezo: San Pedro de Cela.

Localidade: Pereiras.

Concello: Mos.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Pradoc, S.A.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 6 unidades.

b) Educación primaria: 14 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

d) Bacharelato: 2 unidades de Ciencias e 2 unidades de Humanidades e Ciencias Sociais.

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria