Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 37978

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o segundo cuadrimestre do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2015

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data de sinatura

Descrición

Importe total

11.6.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello do Grove (Pontevedra) para o remate das obras de construción dun pavillón polideportivo municipal no Monte da Vila, O Grove.

46.372,07 €

2.7.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Palas de Rei (Lugo) para obras de reparación do polideportivo municipal.

10.000 €

3.7.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Trazo (A Coruña) para a dotación de portarías e bancos de suplentes no campo de fútbol do Concello de Trazo.

6.000 €

9.7.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Lourenzá (Lugo) para a substitución de solado en pista de fútbol sala do polideportivo municipal.

50.000 €

17.7.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Valga (Pontevedra) para a instalación de pista de pádel na área deportiva de Campaña, Valga.

30.000 €

22.7.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Celanova para a construción dun campo de fútbol de céspede artificial.

125.000 €

23.7.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Guitiriz (Lugo) para a construción de pistas municipais de uso deportivo no concello de Guitiriz.

20.000 €

24.7.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Barreiros (Lugo) para a reparación da cuberta do pavillón municipal.

7.000 €

24.7.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Paradela (Lugo) para as obras de reparación da cuberta da pista polideportiva municipal.

7.000 €

7.8.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Sarria (Lugo) para a dotación dunha deshumectadora para a piscina cuberta do Concello de Sarria.

37.507,76 €

18.8.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña) para a rehabilitación de vestiarios no campo de fútbol de Nantón, Cabana de Bergantiños.

25.000 €

18.8.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Antas de Ulla (Lugo) para a mellora en vestiarios do pavillón polideportivo municipal.

7.000 €

18.8.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Foz (Lugo) para o acondicionamento electrónico da instalación do pavillón polideportivo Torques de Marzán en Foz (subministración de marcador electrónico).

3.000 €

19.8.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Meira (Lugo) para as obras de reparación e mellora da pista polideportiva.

10.000 €

19.8.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Vedra (A Coruña) para levar a cabo as obras de reparación da cuberta e instalación de ventilación do pavillón municipal.

50.000 €

24.8.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello da Peroxa (Ourense) para a realización das obras da cuberta das bancadas do campo de fútbol do Marco.

41.850 €

28.8.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Abadín (Lugo) para as obras de acondicionamento da cuberta do polideportivo municipal.

7.000 €