Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto de explotación da concesión directa Gunnar número 7174, concello de Ordes (A Coruña), promovido por Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa) (clave 2014/0017).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 3 de setembro de 2015 relativa ao proxecto de explotación da concesión directa Gunnar nº 7174, concello de Ordes (A Coruña), promovido por Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa).

Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental