Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2015/219-1).

Número de expediente: IN407A 2015/219-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación CR Concepción Arenal.

Concello: Narón.

Características técnicas: reforma centro de transformación e reflexión en planta baixa de edificio, cunha potencia de 630 kVA (transformador existente), e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Instalación de dúas novas celas de media tensión telecontroladas, unha delas de liña e outra de acoplamento de barras, que se incorporarán ao conxunto de celas existentes no centro de reflexión.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ºandar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 8 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña