Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2015/48-2, 8242 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT Pereira e o seu anexo.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe nun apoio metálico existente nº 53 da liña CHA814 e final no CTI Pereira proxectado, cunha lonxitude de 24 metros en condutor tipo LA-56.

2. Centro de transformación intemperie Pereira, cunha potencia proxectada de 50 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 381 metros con orixe no CT Pereira proxectado e final nas RBT existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 14 de setembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo