Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39152

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación da obra de reforma da escola infantil de cinco unidades do Grove (contratación documentalmente simplificada).

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/OBR/002/15.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: contratación dunha obra de reforma da escola infantil de cinco unidades do Grove.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 423.608,90 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento da adxudicación, excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org .

7. Requisitos específicos do/da contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: ás 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo, pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares, debe figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de se tratar de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase no exterior do sobre A o número do dito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio o 9 de novembro de 2015, ás 10.00 horas, e a do sobre C na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Subcontratación:

a) As prestacións parciais que poderá subcontratar o adxudicatario non excederán o 60 % do importe da adxudicación.

b) Deberase notificar ao Consorcio a identidade das subcontratas que participen no contrato así como o xustificante de cumprimento dos pagamentos que se lles farán nos prazos legalmente dispostos.

11. Outras informacións:

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

12. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar