Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39280

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Folgoso do Courel

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de Vilasibil.

Aprobado inicialmente, polo Acordo do Pleno do 28 de agosto de 2015, o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de Vilasibil, promovido por Eva García Fernández, de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes desde a última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Folgoso do Courel, 16 de setembro de 2015

Dolores Castro Ochoa
Alcaldesa