Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oroso e Trazo (expediente IN407A 2014/122-1).

Expediente: IN407A 2014/122-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: anexo II, nova saída subestación Sigüeiro e enlace con LMT SCY-822.

Concellos: Oroso e Trazo.

Feitos:

1. O 6 de maio de 2015 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 114, do 18 de xuño de 2015 e no BOP núm. 105, do 5 de xuño de 2015.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

• Liña eléctrica de media tensión subterránea nova saída subestación Sigüeiro, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,730 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación Sigüeiro, condutor tipo RHZ1 2OL(S)-12/20 kV 3(1×240) Al, e final no paso aéreosubterráneo proxectado que se vai realizar no apoio nº 43 existente da LMT SIG-804 onde se realizou o paso aéreosoterrado que se retirará da LMTS avda. do Portiño (expediente 238/99).

• Liña eléctrica de media tensión subterránea enlace SIG-804 e SCY-822, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,668 km, con orixe no paso aéreosubterráneo proxectado que se vai realizar no apoio 41 existente da LMTA SCY-804, no tramo da derivada ao CT Breixo (expediente 32.237) e o CT Pedrouzo-Trazo (expediente 52.772) en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final no paso aéreosubterráneo proxectado que se realizará no apoio nº 72 proxectado que substitúe ao existente da LMT SCY-822, no tramo entre a derivada ao CT Rego do Gato (expediente 51.165) e a derivada ao CT Gonselle (expediente 51.580).

• Desmontaxe liña de media tensión aérea SIG-804, tramo que se vai retirar entre os apoios nº 48 e nº 48-A6, cunha lonxitude de 0,675 km, condutor tipo LA-30.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 257.393,01 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado, resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que irá acompañada da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 15 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña