Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40725

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondoñedo

ANUNCIO de modificación puntual das normas subsidiarias no lugar de Millarado (Viloalle).

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria e urxente do 28 de setembro de 2015, aprobou inicialmente o expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de Mondoñedo, no lugar de Millarado (Viloalle) e acordou expoñelo ao público durante o prazo dun mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, para efectos de que os interesados poidan presentar as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas.

Mondoñedo, 28 de setembro de 2015

Elena Candia López
Alcaldesa