Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2015/184-1).

Expediente: IN407A 2015/184-1.

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación: soterramento de liña de alta tensión As Antes-Arantón.

Concello: Santa Comba.

Características técnicas:

Soterramento de parte da liña de alta tensión denominada Arán-Arantón (expediente IN407A 2010/65) na zona de confluencia coa derivación a Vilar de Céltigos (expediente 27949) e a derivación a Espasandín (expediente IN407A 2012/203) e substitución do apoio existente da liña Arán-Arantón, de onde parten as derivacións anteriormente mencionadas.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 25 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña