Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2015/245-1).

Expediente: IN407A 2015/245-1.

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación: LMTS 20 kV de interconexión do CT Eroski aos CC.TT. Breogán e Labregos.

Concello: Santa Comba.

Características técnicas:

Tramo de liña subterránea de media tensión de interconexión entre os CT Labregos e CS Eroski, en simple circuíto, con condutores RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150 Al), de 130 m de lonxitude.

Tramo de liña subterránea de media tensión de interconexión entre a liña subterránea de media tensión existente proveniente do CT Breogán (expediente IN407A 2015/159-1) e o CS Eroski, en simple circuíto, con condutores RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150 Al), de 115 m de lonxitude.

Centro de seccionamento Eroski proxectado con dúas celas de liña e outra de protección.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 30 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña