Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41464

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de outubro de 2015 pola que se autoriza, na modalidade a distancia e semipresencial, o ciclo formativo de grao superior de Audioloxía Protésica, no centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela.

A titular do centro privado (CPR) Santa Apolonia, do concello de Santiago de Compostela, solicita a transformación dun ciclo formativo de grao superior (CS) de Audioloxía Protésica autorizado na modalidade presencial para ser ofertado na modalidade a distancia e semipresencial.

Conforme a Orde do 22 de setembro de 2014 (DOG do 9 de outubro) o devandito centro docente privado está autorizado para impartir 2 CS de Audioloxía Protésica, con 4 unidades para 30 alumnos/as cada unha.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a transformación dun CS de Audioloxía Protésica da modalidade presencial na modalidade a distancia e semipresencial. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación: centro privado Santa Apolonia

Código: 15025116.

Enderezo: A Poza Real, 5.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: María del Rosario Medina Gómez.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Bacharelato: 2 unidades da modalidade de Ciencias e 2 unidades da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Formación profesional:

a) Modalidade presencial:

• 1 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).

• 1 CM Cociña e Gastronomía (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Audioloxía Protésica (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Dietética (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Educación Infantil (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Hixiene Bucodental (4 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Laboratorio Clínico e Biomédico (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Ortoprótese e Produtos de Apoio (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Óptica de Anteollos (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Próteses Dentais (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

b) Modalidade a distancia e semipresencial:

• 1 CS Audioloxía Protésica (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Educación para persoas adultas, modalidade presencial, en quenda de tarde-noite:

– Educación secundaria para persoas adultas: nivel I e II.

– Bacharelato: modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.

Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria