1. Entidade adxudicadora.
Xunta de Galicia: Consellería de Facenda.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: arrendamento.
Finalidade: inmoble para dependencias da Consellería do Medio Rural.
Descrición do obxecto: alugamento dun local de planta baixa ou planta baixa e alta no núcleo urbano de Lalín, dunha superficie comprendida entre os 350 e os 500 m2 útiles e coas demais condicións previstas no prego.
3. Procedemento.
Concurso público.
4. Tipo de licitación.
Mil douscentos euros (1.200 €) mensuais máis o IVE.
5. Obtención de documentación e información.
Consellería de Facenda. Subdirección Xeral do Patrimonio. Rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 41 51, fax: 981 54 58 70. Correo electrónico: pablo.viano.lorenzo@xunta.es
Páxina web:
http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion
6. Presentación das ofertas.
O prazo para presentar as ofertas será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de condicións.
Lugar de presentación: Rexistro Único da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992. No suposto de que se presenten as ofertas en lugares diferentes do Rexistro Único, deberá remitirse o mesmo día da presentación, á Subdirección Xeral do Patrimonio, un telegrama, fax ou telefax ao número 981 54 58 70, indicando que se procedeu á presentación da oferta e o lugar da súa presentación. No caso de non recibir esta comunicación, non serán admitidas as ofertas presentadas.
7. Apertura das ofertas.
Data: o quinto día hábil seguinte ao da conclusión do prazo fixado para a presentación de proposicións.
Hora: ás 10.00 horas.
Lugar: sala de xuntas do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa da Pastoriza, nº 8, de Santiago de Compostela.
8. Gastos do anuncio.
Os gastos que orixine a publicación dos anuncios do concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda