Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2015/159-1).

Expediente: IN407A 2015/159-1.

Promotor: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación da instalación: LMTS 20 kV CT Breogán a CT Calvelo e CT Curros Enríquez e Labregos.

Concello: Santa Comba.

Feitos:

1. O 1.6.2015 Electra de Santa Comba, S.L. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 128, do 9.7.2015 e no BOP núm. 124, do 3.7.2015.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

• 1. Instalación e montaxe do centro de transformación interior Curros Enríquez, en edificio prefabricado de formigón, incluíndo tres celas de media tensión: dúas celas de entrada/saída de liña motorizada e unha cela de protección mediante fusibles combinados para un transformador de 400 kVA.

• 2. Instalación e montaxe do centro de transformación interior Labregos, en soto de edificio existente, incluíndo tres celas de media tensión: dúas celas de entrada/saída de liña motorizada e unha cela de protección mediante fusibles combinados para un transformador de 400 kVA.

• 3. Liña subterránea de alta tensión de interconexión entre os CT Labregos e CT Curros Enríquez proxectados, en simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1 20L 12/20 kV 3×(1×240 Al), de 402 m de lonxitude.

• 4. Liña subterránea de alta tensión de interconexión entre o CT Calvelo (expte. IN407A 2003/366-1) e o CT Curros Enríquez proxectado, en simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1 12/20 kV 3×(1×150 Al), de 206 m de lonxitude.

• 5. Liña subterránea de alta tensión de interconexión entre o CT Breogán (expte. 52.847) e o CT Labregos proxectado, en simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1 12/20 kV 3×(1×150 Al), de 308 m de lonxitude.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 130.164,36 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se consideren pertinente.

A Coruña, 6 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña