Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 12 de novembro de 2015 Páx. 42969

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

EDICTO de información pública de solicitude de licenza de actividade por instancia de Talleres Vila Rodríguez, S.L.

Sométese á información pública o expediente nº 2012/120, tramitado por instancia de Talleres Vila Rodríguez, S.L., para unha licenza de actividade de xestión e tratamento de residuos non perigosos en Gatosende, s/n, en Pardellas, na parroquia de Cela deste municipio, para cumprir co ordinal 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, que regula a avaliación de incidencia ambiental. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais para que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que teña convenientes.

Mos, 14 de outubro de 2015

P.D. (Resolución da Alcaldía do 17.6.2015)
Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo