Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2015/22-2, 8216 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA).

Domicilio social: estrada Ajalvir, km 4, 28850 Torrejón de Ardoz.

Denominación: liña eléctrica a 20 kV, alimentación e novo centro de transformación INTA Aeródromo de Rozas.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio existente S10775 da LMT Cospeito 1, propiedade de Begasa, e final no apoio proxectado nº 1, cunha lonxitude de 15 metros en condutor tipo LA-56.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no apoio proxectado nº 1 e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 415 metros en condutor RHZ1-150 mm.

3. Centro de transformación prefabricado cunha potencia proxectada de 630 kVA no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, cunha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, e do 110/2013, do 4 de xullo (modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro), polos que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 5 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo