Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 42985

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 29 de outubro de 2015 pola que se dispón o nomeamento de varios vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias. O citado acordo establece, ademais, a composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, e indica, no seu anexo, que dous vogais serán designados por parte dos municipios en cuxo termo está localizada a zona de servizo do porto.

Desde a entrada en vigor da Orde FOM/1318/2012, do 6 de xuño, pola que se aproba a primeira modificación do Plan de utilización dos espazos portuarios do porto da Coruña, referida ao ámbito territorial das novas instalacións portuarias en Punta Langosteira, situadas no concello de Arteixo, resulta necesario que, xunto co Concello da Coruña, o dito concello estea representado no Consello de Administración,

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O nomeamento dos seguintes vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña en representación dos municipios en cuxo termo municipal está localizada a zona de servizo do porto:

– Por proposta do Concello da Coruña:

Xiao Varela Gómez.

– Por proposta do Concello de Arteixo:

Carlos Calvelo Martínez.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar