Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43315

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias no ámbito da parcela 29 do polígono industrial de Sabón.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 24.9.2015, acordou aprobar inicialmente o expediente nº 11/2014 PMP, de modificación puntual das normas subsidiarias cambio de uso no ámbito da parcela 29 do Plan parcial do polígono industrial de Sabón.

Así mesmo, acordouse a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito obxecto da modificación puntual, isto é, a parcela 29 do polígono industrial de Sabón, referencia catastral 0156807NH4905S0001JJ cos reaxustes da acomodación á realidade.

En virtude do disposto polo artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza esta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido (no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e nas dependencias do Rexistro Xeral os sábados, das 9.30 ás 13.30 horas), e presentar alegacións se o consideran oportuno.

Arteixo, 6 de outubro de 2015

P.D. (Decreto nº 1336, do 6.7.2015)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente