Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43559

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2015 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2015.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 23 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, proxecto 2015 00014, crédito orzamentario 1.999.999,67 €, cofinanciada nun 75 % por fondos Feader, nun 12,13 % con fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e nun 12,87 % con fondos propios da comunidade autónoma, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2015.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO
Subvencións a concellos para o fomento da accesibilidade e sinalización
nos recursos turísticos no medio rural

Concello beneficiario

Descrición da actuación

Importe subvención €

A Pobra do Caramiñal

Sinalización de dúas rutas de sendeirismo (ruta Alto da Lagoa e ruta dos Miradoiros) e creación dun catálogo dixital interactivo para inventario patrimonial

37.655,00

Carnota

Sinalización da senda verde de Carnota

8.089,45

Padrón

Sinalización accesible no roteiro románico. Creación da ruta do pemento: subministración e colocación de paneis informativos tecnolóxicos en relación coa ruta do pemento

8.394,60

Abegondo

Sinalización do recurso turístico Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: 1 panel electrónico con pantalla led exterior no contorno da casa do concello; 1 panel de benvida e 3 direccionais cara a aula da natureza de Abegondo

8.527,88

Arteixo

Roteiro para bicicleta de montaña-ruta BTT. Sinalización da ruta

25.600,73

Tordoia

Actualización e sinalización da ruta de sendeirismo PR-G 88 Bardoas-Castenda e da ruta PR-G89 Santaia-Cabaleiros no concello. Renovación de elementos existentes deteriorados/desaparecidos, incorporación de novos elementos e impresión de folletos informativos

3.551,12

Paderne

Mellora da accesibilidade e sinalización en Paderne. Instalación de terminal interactivo na praza do consistorio

7.046,03

San Sadurniño

Sinalización e accesibilidade á horta de froiteiras e outros recursos. Instalación de sinalización e carteis explicativos dos recursos naturais do concello, así como a mellora da accesibilidade a estes

14.936,76

Negreira

Realización dun aparcadoiro para o inicio da ruta dos 3 pazos e instalación dunha pasarela peonil ao lado da ponte que se encontra na área recreativa de Covas

29.965,51

Ares

Mellora da accesibilidade e acondicionamento do contorno da praia do Xuncal desde a rúa dos Castros, con mellora dos pavimentos, creación de ramplas e varandas, así como colocación de luminarias

33.750,00

Ribeira

Execución de beirarrúa e mellora do acceso ao aparcadoiro na praia de Coroso

34.687,25

Rianxo

Sinalización da ruta de sendeirismo do río Té

9.817,50

Fene

Mellora da accesibilidade na praia do río Sandeo: instalación de nova rampla de acceso desde o aparcadoiro ata o pé da praia, cambio de localización da instalación de duchas existentes e pintado das prazas de aparcadoiro

14.742,33

Muros

Adecuación e sinalización da ruta Pedra do Cadro-Braña; creación de folletos

4.456,64

Miño

Sinalización da ruta dos muíños no concello e paneis informativos nas praias

22.214,36

Sobrado

Sinalización da ruta de sendeirismo polo patrimonio cultural do concello, sinalización estática do patrimonio natural e monumental, e sinalización da entrada ao concello

13.475,70

Boiro

Mellora da accesibilidade nos recursos turísticos do concello. Nova pasarela na praia de Barraña e prolongación das pasarelas nas praias de Mañóns, Carragueiros e Retorta

27.554,69

Mugardos

Acondicionamento do contorno do cruceiro da igrexa de San Xoán de Piñeiro

22.758,63

Camariñas

Dotación de equipamento accesible na praia de Arou: dous módulos-baños en casetas de madeira

20.922,68

Melide

Pavimentación de accesos á ponte medieval da parroquia de Furelos, Melide

30.604,84

Dumbría

Construción do aparcadoiro e conexión co acceso peonil ao Castro, á igrexa de Santiago de Berdeogas, á carballeira e ao paseo fluvial de Berdeogas

39.809,83

Cabana de Bergantiños

Mellora de acceso ao castro de Borneiro por Vilaseco

41.488,50

Val do Dubra

Mellora de accesibilidade ao contorno da Fervenza do Rexidoiro: paseo pavimentado, varandas, construción de pasarela, instalación de mobiliario urbano, rexeneración das marxes do río e acondicionamento do acceso

26.898,41

Touro

Sinalización en lugares situados en espazos naturais (miradoiros e rutas de sendeirismo) existentes no concello

9.441,72

Trazo

Acondicionamento dos accesos interiores e das pontes na área recreativa, praia fluvial e carballeira de Chaián: reposición de 8 pontes existentes, incorporación de novos elementos (ramplas de acceso ás pontes) e acondicionamento-compactación de sendeiros interiores

21.788,06

Porto do Son

Sinalización de elementos de interese turístico no concello de Porto do Son

9.180,00

Vimianzo

Reforma e modernización da ruta dos dolmens

8.671,30

Oleiros

Construción de acceso e aparcadoiro na praia de Naval

42.500,00

Oza-Cesuras

Formación de aparcadoiro no mosteiro de Cis

23.412,40

A Laracha

Mellora da accesibilidade e a sinalización dos camiños rurais no contorno do miradoiro de Santa Marta (Soandres) e o río Bradoso (Montemaior)

24.340,82

Láncara

Proxecto de acondicionamento, accesibilidade e sinalización da ruta de sendeirismo: Pobra de S. Xiao, Marzán e Pobra de S. Xiao. Traballos de acondicionamento do sendeiro, colocación de sinalización neste, papeleiras e realización dunha rampla de formigón nunha pasarela que favorecen e melloran a súa accesibilidade

17.206,25

Quiroga

Plan integral de ordenación de sendeiros do concello de Quiroga, incluíndo mellora da accesibilidade e sinalización de miradoiros, rutas e TIC de recursos turísticos con medios visuais. Inclúense homologación de sendeiros pola FGM

39.074,50

Foz

Sinalización turística urbana do concello de Foz

15.466,60

Sober

Execución de obras do anteproxecto de mellora de accesos e recursos turísticos no concello de Sober

8.935,38

Ribas de Sil

Melloras na praia fluvial de San Clodio: mellora de accesos á zona de ocio, rehabilitación da aula de pesca e pavimentación do miradoiro, compra e posta en servizo de catro coches de pedais

13.747,90

O Valadouro

Información e sinalización de rutas de sendeirismo (ruta dos Pozos e ruta do Penido) mediante aplicacións informáticas para dispositivos móbiles e publicación na rede mediante soporte web

8.078,51

Chantada

Sinalización dos seguintes puntos de interese turístico: os miradoiros de Líncora, Terra Branca, Cabo do Mundo e Sernade e a igrexa de Santa María de Pesqueiras (BIC). Sinalización dun sendeiro circular no contorno da igrexa de Santa María e sinalización do sendeiro de Belesar-A Veiga

10.257,80

Palas de Rei

Accesibilidade aos torrentes de Mácara e ao ámbito do castelo de Pambre

15.884,27

Monforte de Lemos

Sinalización turística no conxunto histórico artístico de Monforte de Lemos coa instalación de paneis dixitais

11.518,66

Lugo

Plan de sinalización turística (17 sinais) das parroquias das dúas marxes na ribeira alta do Miño; comprende 7 parroquias e 10 elementos catalogados

50.000,00

Portomarín

Aplicacións informáticas para rutas de sendeirismo e sinalización de 12 BIC que se atopan no concello con información visual e táctil

29.884,63

Outeiro de Rei

Aplicacións para dispositivos móbiles con información da ruta de sendeirismo Milladoiro da Terra Chá, da praia fluvial do Miño-Ladra e bens de interese cultural do concello

8.187,50

Guntín

Información e sinalización de rutas de sendeirismo do concello de Guntín mediante aplicacións informáticas

5.603,30

Ribadeo

Ribadeo dixital: instalación dunha pantalla led no parque municipal e dúas pantallas táctiles na oficina de turismo do concello

18.731,14

Lourenzá

Información e sinalización de rutas de sendeirismo e elementos BIC no concello mediante aplicacións informáticas

10.950,41

Cospeito

Información e sinalización de rutas de sendeirismo do concello de Cospeito: colocación de pantalla dixital na praza do Concello para información das rutas e creación dunha aplicación informática para teléfonos móbiles e páxina web

10.363,64

Abadín

Mellora de accesibilidade na praia fluvial de Gontán e colocación de zona de descanso (mesas e bancos)

6.840,00

Becerreá

Proxecto de acondicionamento e mellora das rutas de sendeirismo no concello de Becerreá

22.039,32

Antas de Ulla

Sinalización e pavimentación de accesos ao miradoiro e bens de interese cultural

28.175,45

San Cibrao das Viñas

Acondicionamento de sendeiros: rutas de sendeirismo A Boutureira, que consta de 4 rutas

2.135,17

Cortegada

Mellora do camiño de acceso ao miradoiro do Coto da Pena

6.108,18

Oímbra

Construción dun aparcadoiro no punto de inicio da rota dos Lagares Rupestres

25.366,94

Ribadavia

Mellora do acceso ao paseo do Avia

42.215,35

Muíños

Mellora dos accesos e dotación de equipamentos no complexo turístico O Corgo

33.750,00

Montederramo

Realización de traballos de mantemento (reparación de fochas do pavimento asfáltico) limpeza, roza e reparación de valado existente en zona verde de Ponte Mazaira e reutilización da sinalización existente

503,60

Parada de Sil

Mellora da accesibilidade e sinalización dos recursos do patrimonio cultural e paisaxístico do camiño de acceso de San Vítor a Meder: sinalización do recurso, recursos TIC, e mellora de acceso ao recurso (aparcadoiro, acondicionamento do camiño, etc.)

38.748,53

A Merca

Colocación de dous sinais informativos na igrexa románica da Mezquita e no conxunto de hórreos da Merca

1.425,00

Cualedro

Construción de aparcadoiro e mellora da sinalización da ruta do Larouco

20.437,27

Bande

Sinalización turística das estradas e da rede de sendeiros turísticos e naturais homologados

23.814,58

Castrelo de Miño

Proxecto de sinalización e accesibilidade sobre os recursos turísticos do concello de Castrelo de Miño: subministración e colocación de paneis informativos tecnolóxicos en relación cos recursos turísticos do concello

13.625,00

Xunqueira de Ambía

Acondicionamento e homologación pola Federación Galega de Montaña do sendeiro de Pelamios

9.584,55

A Gudiña

Mellora da sinalización e accesos turísticos no concello: instalación de paneis informativos, construción dun cuberto de madeira para uso recreativo e colocación de varandas

25.205,70

A Porqueira

Construción da área de servizos-pernoita para autocaravanas nas inmediacións do río Fírveda e as súas fervenzas

27.930,00

A Pobra de Trives

Proxecto de sinalización e accesibilidade turística do concello da Pobra de Trives: ruta Os Sequeiros-Penafolenche, ruta Penalonga e roteiro pola vila

22.924,50

A Veiga

Acondicionamento, sinalización e dotación de equipamento (telescopios, bancos) para o miradoiro estelar O Rañadoiro

42.500,00

Nogueira de Ramuín

Adecuación da área de autocaravanas e sinalización BIC mosteiro de Santo Estevo

10.569,75

Cenlle

Ruta cultural de Cenlle

8.416,35

Verín

Subministración e colocación de paneis informativos direccionais e tecnolóxicos en relación coas rutas de sendeirismo do concello

33.550,20

Baños de Molgas

Sinalización turística en Baños de Molgas

21.619,80

San Xoán de Río

Mellora da sinalización e accesibilidade aos recursos turísticos do concello

16.456,96

Rairiz de Veiga

Accesibilidade e sinalización da árbore senlleira Carballa da Rocha: sinalización e información (folletos turísticos) da zona declarada espazo natural protexido Carballa da Rocha e adquisición do material necesario para acometer as obras de creación dun aparcadoiro e dunha caseta de información e almacén para a mellora de acceso ao recinto

9.338,31

Castro Caldelas

Sinalización e accesibilidade turística no concello de Castro Caldelas: instalación de 8 paneis tecnolóxicos interpretativos accesibles visual e auditivamente

8.282,25

A Peroxa

Sinalización do recurso turístico do castelo da Peroxa

10.496,39

Melón

Construción dun aparcadoiro público no mosteiro de Santa María de Melón

23.551,29

Cotobade

Sinalización patrimonio arqueolóxico no concello de Cotobade (22 sinais)

32.091,76

Cangas

Acondicionamento do paseo da praia da Congorza-praia de Areamilla-Darbo-Cangas

30.693,16

Nigrán

Sinalización e accesibilidade de recursos turísticos do concello de Nigrán. 33 paneis informativos e interpretativos

13.050,00

Silleda

Ruta do románico en Trasdeza: instalación de paneis informativos e interpretativos do patrimonio relixioso no concello de Silleda

5.464,46

As Neves

Sinalización do Camiño dos Frades

5.457,75

A Lama

Proxecto de sinalización e accesibilidade na rede de sendeiros do concello da Lama

6.131,05

Ponteareas

Fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos do concello de Ponteareas. Sistema sinalización igrexas de Galicia

23.432,07

O Rosal

Sinalización na ruta dos Muíños do Folón e do Picón destruída por un incendio

2.371,92

Covelo

Mellora da accesibilidade da praia fluvial de Maceira

24.933,63

Vilanova de Arousa

Mellora de aparcadoiro e accesos ás praias do Terrón e As Patiñas

42.429,08

O Grove

Dotación de aseos accesibles en Punta Moreiras

22.690,09

Oia

Acondicionamento de acceso á ponte colgante de Acevedo: pavimentado e colocación de balizas solares luminosas e papeleiras

3.904,77

Mos

Fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos do medio rural do concello de Mos

27.637,69

Agolada

Melloras e accesibilidade no contorno fluvial de Brocos. Acondicionamento e mellora de zona recreativa

20.516,63

Bueu

Acondicionamento do tramo rural da senda do río Bispo

28.499,99

Baiona

Acondicionamento do miradoiro do Cortelliño

32.306,10

Valga

Acondicionamento de accesos e supresión de barreiras arquitectónicas no xacemento arqueolóxico Igrexa Vella de Santa Comba de Louro

29.664,73

Marín

Roteiro dos cinco miradoiros e aparcabicis: instalación de miradoiros panorámicos e postes indicativos de dirección; construción de plataformas de madeira e colocación de bancos

9.177,47