Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43768

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de outubro de 2015, polo que se aproba o Plan galego de financiamento universitario 2016-2020.

En cumprimento do disposto no artigo 115 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de outubro de 2015, adoptou o Acordo polo que se aproba o Plan galego de financiamento universitario 2016-2020.

Para xeral coñecemento, procédese á publicación do referido acordo, que figura como anexo a esta resolución.

O texto do dito plan estará a dispor do público no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2015

José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades

ANEXO

«Autorizar a aprobación do Plan galego de financiamento universitario 2016-2020, que se achega como anexo.

O Plan prevé acadar nos cinco anos de vixencia os seguintes obxectivos:

– Establecemento dun horizonte amplo de suficiencia e estabilidade financeira que permita á Xunta de Galicia e ás institucións públicas de ensino universitario na comunidade autónoma o desenvolvemento ordenado das súas políticas no período 2016-2020.

– Definición de criterios de asignación de recursos explícitos, baseados no custo estándar da docencia e na obtención de resultados nos ámbitos fundamentais da actividade universitaria: docencia, investigación e transferencia.

– Estimulación da adecuación da oferta ás demandas sociais, reorientando a oferta docente, potenciando a formación continua e a transferencia tecnolóxica e promovendo a mellora da calidade.

Para facer posible alcanzar os obxectivos anteriormente definidos, o plan prevé as seguintes achegas:

Plan galego de financiamento universitario 2016-2020*

2016

2017

2018

2019

2020

Total

392,30

407,22

415,57

423,08

429,96

2.068.13

* Créditos de partidas orzamentarias directamente vinculadas ao PGFU 2016-2020 nos orzamentos da Xunta de Galicia (en millóns de euros).

Este financiamento verase incrementado con achegas de partidas orzamentarias da Xunta de Galicia non vinculadas directamente ao plan (axudas, convenios, acordos… de distintas consellerías, organismos e entidades do sector público autonómico), así como fondos públicos procedentes de administracións locais, nacionais e europeas, cuxa estimación para o quinquenio de vixencia do PGFU é a seguinte:

Achegas públicas estimadas á marxe do PGFU 2016-2020

2016

2017

2018

2019

2020

TOTAL

82

82

82

82

82

410

Deste xeito, as previsións de financiamento público que percibirá o ensino universitario en Galicia no período 2016-2020 situaranse nunha cifra global de 2.478,13 millóns de euros».