Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se acorda o cambio de instrutora no expediente sancionador IN 635C 2015/31-1 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmase aos interesados que os expedientes se atopan a súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 23 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN 635C 2015/31-1.

Interesado: Ángel Eduardo Amado Tamborino.

CIF: 79337628-W.

Acto de notificación: cambio de instrutora no expediente sancionador.

Concello: A Coruña.

Expediente: IN 635C 2015/143-1.

Interesado: José Manuel Pacheco García.

CIF: 78797850-B.

Acto de notificación: cambio de instrutora no expediente sancionador.

Concello: Cambre.

Expediente: IN 635C 2015/132-1.

Interesada: Cableados del Norte, S.L.

CIF: B70293931.

Acto de notificación: cambio de instrutora no expediente sancionador.

Concello: Teo.