Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44660

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO de licitación da contratación para a adquisición dun vehículo recolledor compactador.

1. Entidade adxudicadora.

Datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Concello de Vila de Cruces.

b) Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

c) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Vías e Obras.

d) Número de expediente: 2015/21.

e) Enderezo: praza Juan Carlos I, s/n, 36590 Vila de Cruces (Pontevedra).

f) Obtención de documentación e información:

– Teléfonos: 986 58 20 17/95.

– Fax: 986 58 23 17.

– Correo electrónico: secretariageneral@viladecruces.es

– Enderezo do perfil de contratante: www.viladecruces.es

– Data límite para a obtención da documentación e información: ata o momento en que finalice o prazo de presentación de proposicións, de luns a venres, das 8.00 ás 13.00 horas, na dependencia que tramita o expediente.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución.

a) Tipo: administrativo de subministración.

b) Obxecto: vehículo recolledor compactador destinado á recollida de residuos sólidos urbanos.

c) CPV: 34144511-3; 34144512-0.

d) Prazo de execución: seis (6) meses contados a partir do día seguinte ao da formalización.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación avaliables de forma automática:

– Proposición económica.

– Ampliación do prazo de garantía.

– Vehículo de substitución.

– Menor potencia acústica.

– Redución de emisión de NOx; CO e partículas.

4. Valor estimado do contrato e financiamento.

a) Valor estimado: 133.500,00 €.

b) IVE aplicable: 21 %.

c) Importe do IVE: 28.035,00 €.

d) Prezo de licitación, IVE incluído: 161.535,009 €.

e) Aplicación orzamentaria: 1621/624.

f) O investimento conta co financiamento dos seguintes organismos:

– Deputación Provincial de Pontevedra a través dun préstamo a longo prazo sen xuros, de acordo coas bases reguladoras publicadas no BOP o venres 2 de xaneiro de 2015 e aprobadas pola Xunta de Goberno do organismo provincial, por un importe de 80.767,50 euros, concedida por Acordo da Xunta de Goberno Local dese organismo do 24 de abril de 2015.

– Deputación Provincial de Pontevedra a través dunha subvención con cargo ao PPOS/15, por un importe de 80.767,50 euros.

5. Revisión de prezos.

Non procede.

6. Garantías exixidas.

a) Garantía provisional: exento.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos mínimos de solvencia.

a) Clasificación: non exixible.

b) Medios de acreditación da solvencia:

• Solvencia económica e financeira de acordo co artigo 75.1.b) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP) por calquera dos seguintes medios: seguro de indemnización por riscos profesionais por contía igual ou superior a 250.000 euros.

• A solvencia técnica, segundo o artigo 77 do TRLCSP, acreditarase a través dos seguintes medios: relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado destas. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Para estes efectos, deberá acreditarse que a empresa executase, como mínimo, tres subministracións análogas de vehículos recolledores compactadores de residuos sólidos urbanos de orzamento similar nos últimos tres (3) anos. Entenderanse por subministracións análogas as que teñan por importe de adxudicación unha cifra superior ao 50 % do orzamento de licitación. Para efectos da acreditación do anterior, deberanse achegar certificados expedidos ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa unha entidade privada, certificado expedido por esta ou mediante unha declaración para tal efecto do empresario licitador.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: durante os trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de licitación.

b) Lugar de presentación:

– Dependencia: Rexistro Xeral do concello, sito no primeiro andar da casa do concello.

– Horario: de luns a venres, das 8.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 9.00 ás 13.00 horas.

– Domicilio: praza Juan Carlos I, s/n, 36590 Vila de Cruces (Pontevedra).

9. Documentación que cómpre presentar.

As proposicións deberán presentarase nun sobre ou caixón pechado no cal figurará no exterior a inscrición: Proposición para tomar parte na licitación do contrato de adquisición de vehículo recolledor compactador destinado á recollida de residuos sólidos urbanos. Dentro deste sobre o continente maior conterá outros dous sobres ou carpetas, denominados A e B, pechados, facendo constar respectivamente as ditas denominacións sobre A e sobre B, os datos que identifiquen o licitador e os demais requisitos sinalados a seguir:

Sobre A: subtitulado Documentación administrativa. Este sobre conterá:

I. Anteportada: escrito asinado pola mesma persoa que, de ser o caso, asinará o contrato en que conste o número de teléfono, fax, de ser o caso, domicilio, e a persoa á que poderá o concello dirixir as comunicacións e os requirimentos durante o procedemento.

II. Declaración responsable: de conformidade co artigo 146 do TRLCSP, os licitadores incluirán neste sobre declaración responsable asinada polo licitador ou, de ser o caso, polo representante, recoñecendo que cumpre os requisitos previos de capacidade, representación e solvencia exixidos no prego e comprometéndose a acreditalos no caso de que vaia ser proposto como adxudicatario, todo segundo o modelo que figura no anexo I.

Sobre B: subtitulado Proposición económica. Criterios valorables mediante a aplicación de fórmulas. Neste sobre inclúese a proposta relativa aos criterios de adxudicación aritméticos ou avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas, establecidos no prego e detallados na cláusula décimo sexta baixo a denominación de Criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas. Este sobre conterá a relación de documentos, oferta económica e outros criterios.

10. Apertura de ofertas.

Concluído o prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación cualificará os documentos contidos no sobre A que fosen presentados en tempo e forma. Unha vez cualificada a documentación a que a refire o artigo 146 do TRLCSP e emendados, de ser o caso, os defectos ou omisións da documentación presentada, procederase a determinar as empresas que se axustan aos criterios de selección, con pronunciamento expreso sobre os admitidos á licitación, os rexeitados e as causas do seu rexeitamento. Procederase do mesmo xeito no caso de presentación da declaración responsable á cal se refire o artigo 146.4 do TRLCSP. Realizadas as operacións anteriores, o órgano competente procederá, en acto público, á apertura do sobre B e á avaliación das proposicións contidas nel, conforme os criterios de adxudicación previstos neste prego. Para estes efectos, o día, a hora e o lugar en que terá lugar este acto publicaranse no perfil do contratante municipal cunha antelación mínima de dous días hábiles. En todo caso, o acto de apertura do sobre B non se poderá demorar en máis de sete (7) días desde o seguinte ao da apertura da documentación xeral.

11. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario (cláusula 31, alínea c), dos pregos).

Vila de Cruces, 27 de outubro de 2015

Jesús Otero Varela
Alcalde