Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45070

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 23 de novembro de 2015 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13), en adiante LOU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, logo da autorización conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, resolve proceder ao anuncio das convocatorias de concurso público nas seguintes categorías:

AS1502. Profesorado asociado (anexo I).

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia, Servizos Centrais, Campus Universitario, Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina web http://persoal.uvigo.es/, Servizo de Persoal Docente e Investigador, premendo en «emprego», «convocatorias de concurso». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 23 de novembro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

1. Referencia: AS1502-C01-413-A3-01. Prazas: 1.

Área: 413 Fisioterapia.

Departamento: C01 Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.

Categoría: asociado/a T3-P3.

Titulación: diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica.

Perfil: docencia en Fisioterapia no linfedema.

Centro(s) de traballo: 205 Facultade de Fisioterapia, Pontevedra.

Duración contrato: 2º cuadrimestre.

Observacións: autorización EV1/15 (data de autorización: 29.10.2015).

2. Referencia: AS1502-T02-535-A6-01. Prazas: 1.

Área: 535 Enxeñaría Eléctrica.

Departamento: T02 Enxeñaría Eléctrica.

Categoría: asociado/a T3-P6.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: docencia en Xeración eléctrica con enerxías renovables e Compoñentes eléctricos en vehículos.

Centro(s) de traballo: 312 Escola de Enxeñaría Industrial, Vigo.

Duración contrato: 2º cuadrimestre.

Observacións: autorización PV087/15 (data de autorización: 29.10.2015).

3. Referencia: AS1502-T05-605-A5-01. Prazas: 1.

Área: 605 Mecánica dos Medios Continuos e Teoría da Estrutura.

Departamento: T05 Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción.

Categoría: asociado/a T3-P5.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: docencia en Resistencia de materiais e Teoría de estruturas e construcións industriais.

Centro(s) de traballo: 312 Escola de Enxeñaría Industrial, Vigo.

Duración contrato: 2º cuadrimestre.

Observacións: autorización EV2/15 (Data de autorización: 29.10.2015).

4. Referencia: AS1502-T05-605-A5-02-03. Prazas: 2.

Área: 605 Mecánica dos Medios Continuos e Teoría da Estrutura.

Departamento: T05 Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción.

Categoría: asociado/a T3-P5.

Titulación: diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica.

Perfil: docencia en Resistencia de materiais e Ampliación de estruturas e cimentación.

Centro(s) de traballo: 312 Escola de Enxeñaría Industrial, Vigo.

Duración contrato: 2º cuadrimestre.

Observacións: autorizacións: EV3/15 e EV4/15 (data de autorización: 29.10.2015).

5. Referencia: AS1502-T06-505-A6-01. Prazas: 1.

Área: 505 Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría.

Departamento: T06 Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente.

Categoría: asociado/a T3-P6.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: docencia en Topografía, teledetección e sistemas de información xeográfica.

Centro(s) de traballo: 203 Escola de Enxeñaría Forestal, Pontevedra.

Duración contrato: 2º cuadrimestre.

Observacións: autorización PV065/15 (data de autorización: 25.6.2015).

6. Referencia: AS1502-X02-130-A5-01. Prazas: 1.

Área: 130 Dereito Civil.

Departamento: X02 Dereito Privado.

Categoría: asociado/a T3-P5.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: docencia en Dereito Civil II e Dereito Civil I.

Centro(s) de traballo: 103 Facultade de Dereito, Ourense, 308 Fac. CC. Xurídicas e do Traballo, Vigo.

Duración contrato: 2º cuadrimestre.

Observacións: autorización EV5/15 (data de autorización: 29.10.2015).

7. Referencia: AS1502-X05-187-A6-01. Prazas: 1.

Área: 187 Didáctica da Expresión Corporal.

Departamento: X05 Didácticas Especiais.

Categoría: asociado/a T3-P6.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: docencia en Educación Física e a súa didáctica en primaria e Fundamentos da motricidade.

Centro(s) de traballo: 202 Fac. CC. Educación e do Deporte, Pontevedra.

Duración contrato: 2º cuadrimestre.

Observacións: autorización EV6/15 (data de autorización: 29.10.2015).

8. Referencia: AS1502-X05-210-A3-01. Prazas:1.

Área: 210 Didáctica das Ciencias Sociais.

Departamento: X05 Didácticas Especiais.

Categoría: asociado/a T3-P3.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: docencia en Aprendizaxe das ciencias sociais.

Centro(s) de traballo: 202 Fac. CC. Educación e do Deporte, Pontevedra.

Duración contrato: 2º cuadrimestre.

Observacións: autorización PV088/15 (data de autorización: 15.7.2015).

9. Referencia: AS1502-X05-245-A4-01. Prazas: 1.

Área: 245 Educación Física e Deportiva.

Departamento: X05 Didácticas Especiais.

Categoría: asociado/a T3-P4.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: docencia en A educación física como medio de interdisciplinariedade.

Centro(s) de traballo: 202 Fac. CC. Educación e do Deporte, Pontevedra.

Duración contrato: 2º cuadrimestre.

Observacións: autorización EV7/15 (data de autorización: 29.10.2015).

10. Referencia: AS1502-X14-105-A5-01. Prazas: 1.

Área: 105 Comunicación Audiovisual e Publicidade.

Departamento: X14 Comunicación Audiovisual e Publicidade.

Categoría: asociado/a T3-P5.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: docencia en Expresión sonora e estilos musicais.

Centro(s) de traballo: 204 Fac. CC. Sociais e da Comunicación, Pontevedra.

Duración contrato: 2º cuadrimestre.

Observacións: autorización EV8/15 (data de autorización: 29.10.2015).