Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de novembro de 2015 polo que se somete a exposición pública o proxecto de deslinde do dominio público hidráulico no lago da mina das Pontes de García Rodríguez.

En virtude do exposto no artigo 242.4 do Regulamento do dominio público hidráulico (RDPH) sométese a exposición pública a proposta de deslinde que se refire a continuación e demais documentación procedente relativa ao deslinde relacionada no artigo 242.3 do mesmo texto.

O treito que este organismo de bacía está a deslindar é o correspondente ao lago resultante da enchedura do oco da mina das Pontes de García Rodríguez, e o aliviadoiro existente de saída das augas deste cara o río Eume sitúase no punto definido polas coordenadas UTM aproximadas X=591.384; Y= 4.810.499 (ETRS89).

A lonxitude do treito que se deslinda é de 18.560 m.

As parcelas catastrais e bens afectados polo dominio público hidráulico resultante do estudo, así como polas súas zonas de protección (servidume e policía) son:

Referencia catastral

Titular

15071A045000010000YZ

Endesa Generación, S.A.

15071A045000030000YH

Endesa Generación, S.A.

15071A045000050000YA

Endesa Generación, S.A.

15071A028010240000YF

Endesa Generación, S.A.

15071A045009960000YW

Endesa Generación, S.A.

2507001NJ9110S0001IO

Endesa Generación, S.A.

15071A045009950000YH

Endesa Generación, S.A.

Estrada AC-861

Xunta de Galicia

Autovía AG-64

Xunta de Galicia

Rúa Blanco Amor

Concello das Pontes de García Rodríguez

Por medio do presente anuncio ábrese o prazo dun (1) mes para examinar a documentación indicada en relación co deslinde e, de ser o caso, formular alegacións e achegar ou propor probas durante o prazo indicado nas oficinas deste servizo territorial na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, A Coruña, onde se atopa esta documentación para que poida ser examinada por quen o desexe.

A Coruña, 6 de novembro de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia