Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015 pola que se notifica a extinción da concesión outorgada a Antonio Pose Castiñeiras con destino a ocupación para tubaxe xemelga para subministración de auga do mar a unha cetaria no porto do Grove.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello do Grove a resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 23 de novembro de 2015 que declara extinta a concesión outorgada pola Orde ministerial do 22 de febreiro de 1963 con destino á ocupación para tubaxe xemelga para subministración de auga do mar a unha cetária no porto do Grove a Antonio Pose Castiñeiras.

Visto o informe proposta de extinción da xefa da Área de Explotación e Planificación con data do 20 de novembro de 2015.

De acordo con todo o indicado e en virtude das atribucións delegadas pola conselleira do Medio Rural e do Mar, conferida pola Orde do 30 de marzo de 2012,

RESOLVO:

Declarar extinguida, por renuncia tácita dos posibles herdeiros, a concesión administrativa outorgada a Antonio Pose Castiñeiras (clave 13-08-58-C-1), con destino á ocupación para tubaxe xemelga para subministración de auga do mar a unha cetária no porto do Grove, sen máis trámite.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, perante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Mediante este documento notifícaselle esta resolución segundo o exixido no artigo 58.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia