Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 17 de novembro de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Corga ou A Touza e Valgrande ou Rebuxeira, a favor dos veciños de Covelas, na parroquia de Covelas (Santa María), no concello dos Blancos (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 4 de novembro de 2015, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Corga ou A Touza e Valgrande ou Rebuxeira, a favor dos veciños de Covelas, na parroquia de Covelas (Santa María), no concello dos Blancos (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 25 de febreiro de 2014 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Daniel Jardón Machado, no cal solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas A Corga ou A Touza e Valgrande ou Rebuxeira.

Segundo. Con data do 18 de marzo de 2015, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Denominación do monte: A Corga ou A Touza e Valgrande ou Rebuxeira.

Superficie: 183.774 m2 (18,38 ha).

Comunidade solicitante: veciños de Covelas.

Parroquia: Covelas (Santa María).

Concello: Os Blancos.

Referencia catastral das parcelas que constitúen o monte:

32013A502121670000PF 32013A502221670000PE 32013A006004750000AJ

32013A006004770000AS 32013A006004780000AZ

A Corga ou A Touza: 144.239 m2 (14,42 ha).

a) Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Datos catastrais

Superficie en clasificación (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

(denominación segundo catastro)

Superficie
catastral (m2)

Os Blancos

502

12.167

A Corga

130.132

130.132

22.167

Corga

14.107

14.107

Superficie en clasificación da Corga ou A Touza

144.239 m2

14,42 ha

b) Estremas:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste):

Concello

Polígono

Parcela

Os Blancos

501

1091

1092

1093

1094

1100

1101

1104

1105

1114

1115

1113

1112

1111

502

2163

2169

2170

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur):

Concello

Polígono

Parcela

Os Blancos

502

9100

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste):

Concello

Polígono

Parcela

Os Blancos

502

9026

2166

2162

9089

2161

2160

2157

2156

2146

2145

2144

2143

2142

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

Os Blancos

502

9089

Valgrande ou Rebuxeira: 39.535 m2 (3,95 ha).

1. Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Datos catastrais

Superficie en clasificación (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

(denominación segundo catastro)

Superficie catastral (m2)

Os Blancos

6

475

Costa

35.870

35.870

477

2.196

2.196

478

1.469

1.469

Superficie en clasificación de Valgrande ou Rebuxeira

39.535 m2

3,95 ha

2. Estremas:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste):

Concello

Polígono

Parcela

Os Blancos

502

1568

9088

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur):

Concello

Polígono

Parcela

Os Blancos

502

9060

6

2

1

37

38

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste):

Concello

Polígono

Parcela

Os Blancos

6

39

40

42

47

45

51

52

76

81

84

86

87

90

93

94

95

96

98

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

Os Blancos

6

28

27

9001

469

502

1567

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e que se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 132/2014, do 2 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería do Medio Rural e do Mar e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado A Corga ou A Touza e Valgrande ou Rebuxeira, a favor dos veciños de Covelas, na parroquia de Covelas (Santa María), no concello dos Blancos (Ourense) de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 17 de novembro de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense