Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente o peche e desmantelamento da planta de coxeración de Padronesa Industrial de Curtidos, S.A. no concello de Padrón (A Coruña), e se cancela a súa inscrición no Rexistro Administrativo de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica da Comunidade Autónoma de Galicia.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 28 de novembro de 1997, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Economía e Comercio autorizou a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica, aprobou o proxecto de execución da empresa Padronesa Industrial de Curtidos, S.A., no concello de Padrón (A Coruña) e incluíuna no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre produción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables.

Segundo. Con data do 15 de decembro de 1998, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña autorizou a posta en marcha da planta de coxeración de referencia coas seguintes características básicas:

– Un motor de combustión interna de 9 cilindros en L e 5.445 kW de potencia alimentado con fuel óleo (convertible a gasóleo).

– Un alternador de 5.380 kVA, factor de potencia 0,977 e tensión de xeración 6 kV.

– Un transformador de 6 MVA e relación de transformación 20/6 kV.

– Un centro de transformación para servizos auxiliares de 500 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV.

– Instalacións de conexión á rede eléctrica, de almacenamento de combustible, de protección, mando, sinalización e medida.

Terceiro. Con data do 16 de marzo de 1999, a Dirección Xeral de Industria inscribiu definitivamente a planta de coxeración no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, con número RE-99-05.

Cuarto. Con data do 10 de novembro de 2014, a empresa Padronesa Industrial de Curtidos, S.A. presentou solicitude de autorización administrativa para o peche e desmantelamento da planta de coxeración, así como a súa baixa no Rexistro Administrativo de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto. O 12 de febreiro de 2015, Red Eléctrica de España, S.A. informou sobre a solicitude de peche da planta de coxeración, facendo constar que non incidiría na seguridade do sistema e na garantía de subministración eléctrica.

Sexto. Con data do 6 de marzo de 2015, requirese a Padronesa Industrial de Curtidos, S.A. documentación adicional necesaria para continuar coa tramitación do procedemento. A empresa solicitante presentou a documentación adicional requirida con datas do 25 e 26 de marzo de 2015.

Sétimo. Con data do 25 de abril de 2015, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de A Coruña emitiu informe favorable á solicitude presentada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e no artigo 19 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que atribúe á Dirección Xeral de Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da Consellería en materia de enerxía, minas, administración e seguridade industrial, solo industrial, metroloxía e metais preciosos.

Segundo. O artigo 53 da Lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, establece que a transmisión e peche definitivo de instalacións de transporte, distribución, produción e liñas directas, así como o peche temporal das instalacións de produción requirirán autorización administrativa previa.

Terceiro. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo co que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar administrativamente a Padronesa Industrial de Curtidos, S.A. o peche definitivo e o desmantelamento da planta de coxeración de 5.445 kW que posúe no concello de Padrón (A Coruña) segundo o Proxecto de peche e desmantelamento de instalacións eléctricas da planta de coxeración de Padronesa Industrial de Curtidos, S.A., na Matanza (Padrón), redactado polos enxeñeiros técnicos industriais Fidel Gude Sampedro e Javier González Casanova, colexiados nº 1.438 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña e nº 402 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo respectivamente.

Segundo. Cancelar a inscrición definitiva no Rexistro Administrativo de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica da Comunidade Autónoma de Galicia da instalación citada, con número de rexistro autonómico RE-99-05.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. A instalación terá que pecharse e desmantelarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto referido no punto primeiro da parte dispositiva desta resolución.

Segunda. O titular asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante o proceso de desmantelamento, co fin de garantir que, en todo momento, se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. Deberá cumprirse, en todo momento, canto establece o Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas e centros de transformación, así como a demais normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta. Para introducir modificacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta dirección xeral. Pola súa banda, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e comunicará a este centro directivo todas as resolucións que dite en aplicación da devandita facultade.

Quinta. O prazo para o peche e desmantelamento da instalación será de seis meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Se transcorrido o dito prazo aquel non tivo lugar, producirase a caducidade desta autorización.

Unha vez rematado o desmantelamento, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de acta de peche ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, quen deberá emitila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por incumprimento das condicións impostas, polo facilitamento de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que o xustifique.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas