Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de uso, mantemento, evolución e soporte das aplicacións informáticas HX, rexistro, comisións, XAPA, XFSE e módulo de consultas do GGP da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (expediente 83/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de uso, mantemento, evolución e soporte das aplicacións informáticas HX, rexistro, comisións, XAPA, XFSE e módulo de consultas do GGP da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 3.6.2015

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 90.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 30.000,00 €, máis 6.300,00 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 36.300,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25.8.2015.

b) Data de formalización do contrato: 1.9.2015.

c) Contratista: G64 Comunicación, S.L.

d) Importe de adxudicación: 35.700,00 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia