Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 1 de decembro de 2015 pola que se notifica o Acordo do 8 de outubro de 2015, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 1325, sito en Sada, relativo ao proxecto 00916, expediente 2014/001192.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Almudena Fernández Carballal o Acordo do 8 de outubro de 2015, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio nº 1325 sito en Sada relativo ao proxecto 00916, expediente 2014/001192, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do Boletín Oficial del Estado.

4. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00916-treito 3 da Vía Ártabra (Ac-526). Veigue (Vg-1.3)-Porto de Lorbé. Clave: Ac/04/156.01.3.

Nº de expediente: 2014/001192.

Persoa que se vai notificar: Almudena Fernández Carballal.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Expropiada: Elvecia López Castiñeiras.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Predio nº: 1325.

Concello: Sada.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado : 80.868,88 €.