Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO de aprobación inicial do convenio urbanístico para a execución do planeamento para ampliar o camiño transversal á rúa do Castro.

O Pleno da Corporación en sesión do 29 de outubro de 2015 acordou, por unanimidade, prestar aprobación ao Convenio urbanístico para a execución de planeamento co fin de ampliar o camiño transversal á rúa do Castro, no lugar do Cruceiro, Vilariño.

O que se somete a información pública, na Secretaría do Concello, por prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, para os efectos de que se produzan as alegacións que se consideren pertinentes, todo iso de conformidade co artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Cambados, 9 de decembro de 2015

Fátima Abal Roma
Alcaldesa