Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1204

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO da convocatoria do procedemento de selección, mediante o sistema de concurso-oposición, de persoal funcionario interino para prover transitoriamente un posto de traballo de técnico de xestión de secretaría.

En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, no 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do empregado público de Galicia, e no 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e os programas mínimos a que se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, faise público que por Acordo da Xunta de Goberno Local do 19 de novembro de 2015 se convocou o procedemento de selección, mediante o sistema de concurso-oposición, para prover transitoriamente o seguinte posto de traballo:

– Escala: Administración xeral.

– Subescala: xestión.

– Clase: técnico de xestión de secretaría.

– Número: 1 (un).

– Boletín de publicación das bases: Boletín Oficial da provincia da Coruña número 237, do 11 de decembro de 2015.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderase interpor, potestativamente, recurso de reposición ante o alcalde do Concello de Padrón, no prazo dun mes contado desde o día de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Padrón, 11 de decembro de 2015

Antonio Fernández Angueira
Alcalde