Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento do prezo xusto, acordado polo Xurado de Expropiación de Galicia, do proxecto LMT, CTC e RBT Montalbo-Arra.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que establece que as notificacións que non fose posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, e que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que consta no anexo a resolución ditada pola Xefatura Territorial de Pontevedra en que se resolve sinalar o día 23 de febreiro de 2016, ás 13.00 horas, na Casa do Concello de Sanxenxo, como lugar de convocatoria para o pagamento do prezo xusto do predio situado nese concello.

Vigo, 23 de decembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado

Expediente

Acto

Concello

Santiago Otero Rey

LMT, CTC e RBT Montalbo-Arra

Pagamento prezo xusto

Sanxenxo