Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento do prezo xusto, acordado polo Xurado de Expropiación de Galicia, do proxecto modificado LMTS, CTC e RBT O Con.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non fose posible practicar se farán por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que consta no anexo a resolución ditada pola Xefatura Territorial de Pontevedra en que se resolve sinalar o día 1 de marzo de 2016 ás 12.00 horas na Casa do Concello de O Grove, como lugar de convocatoria para o pagamento do prezo xusto dun predio situado nese concello.

Vigo, 23 de decembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado

Expediente

Acto

Concello

Javier Padín Porto en representación dos herdeiros de José Padín Vila

Modificación LMTS, CTC e RBT O Con

Pagamento prezo xusto

O Grove