Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/286-1).

Número de expediente: IN407A 2015/286-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Martulo.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 960 m, con orixe no paso aerosubterráneo proxectado que se vai realizar en apoio nº 94/14 de celosía existente da LMT LAR-707, apoio anterior ao CT Morás Barreiro, onde se realiza a derivada aos CC.TT. Morás (expediente 51.195) e Canzobre (expediente 10.176), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no centro de transformación Martulo (proxectado).

Centro de transformación prefabricado Martulo, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 15 de decembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña