Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1423

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de asunción de competencias en materia de xestión tributaria do Concello de Burela.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (en diante BOP) núm. 230, do día 7 de outubro de 2009, publícase o anuncio relativo á asunción pola Deputación Provincial de Lugo de competencias en materia de xestión tributaria, da proposta de reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, aprobada no Pleno da Deputación Provincial de Lugo do día 27 de novembro de 2007 e no Pleno do día 28 de outubro de 2008, na cal se reforman as bases décima e décimo primeira, así como se mencionan os concellos que delegaron as súas competencias nesta materia, co alcance e contido das delegacións.

No BOP núm. 287, do día 15 de decembro de 2015, publícase o contido da asunción pola Deputación Provincial de Lugo das competencias en materia de xestión tributaria do Concello de Burela.

Lugo, 16 de decembro de 2015

P.D. (Decreto 2616/2015, do 26 de outubro)
Mª Pilar García Porto
Deputada delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas

José Antonio Mourelle Cillero
Secretario xeral da Deputación
Provincial de Lugo