Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2015/246-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 36204 Vigo.

Denominación: LMT, CT Guizán.

Situación: Mos.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 757 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio existente nº 1 HVH-1600-S15, na saída RED712, e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación de 400 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado nas Sobráns, Guizán, Mos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de decembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra