Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1919

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Beariz

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial para a creación dun cemiterio municipal.

O Pleno do Concello de Beariz (Ourense), en sesión ordinaria do 27 de novembro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial para a creación dun cemiterio municipal no concello de Beariz (Ourense), segundo determina o artigo 86.1.d) da LOUGA.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.1 da Lei 9/2002 da LOUGA. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, publicarase a aprobación definitiva xunto coa normativa e as ordenanzas do Plan especial no Boletín Oficial da provincia de Ourense. Todo isto en virtude do establecido no artigo 92.2 da LOUGA.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva en virtude do artigo 92.3 da LOUGA, para os efectos oportunos, á consellería competente na materia de urbanismo e ordenación do territorio, achegando as copias autenticadas de dous exemplares do plan aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Así mesmo, faise constar que con data do 23 de decembro de 2015 tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a documentación sobre a que se ditou o acordo de aprobación definitiva, ao abeiro do establecido no artigo 92.3 da LOUGA.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de poder interpoñer calquera outro recurso que poida considerar máis conveniente ao seu dereito.

Beariz, 23 de decembro de 2015

Manuel Prado López
Alcalde