Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1768

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

O 30 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. Xunto coa citada resolución non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre agora proceder á súa publicación.

En consecuencia co anteriormente exposto e no exercicio das facultades que me confire o artigo 8 da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia (DOG núm. 61, do 30 de marzo).

ACORDO:

Primeiro. Facer públicos os anexos da Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Segundo. Modificar a data para presentar as solicitudes que figura no artigo 8.2 das bases reguladoras. O prazo será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Procédese a facer a seguinte corrección de erros no artigo 15.1.a) das bases reguladoras:

Onde di: «a) Prestacións segundo as características do equipo xerador (ata 35 puntos)», debe dicir: «a) Prestacións segundo as características do equipo xerador (ata 40 puntos)».

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file