Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, suxeita a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de mantemento da Rede de control da calidade do aire de Galicia, de titularidade da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23920.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 34/2015 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento da Rede de control da calidade do aire de Galicia, de titularidade da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución/entrega: número 5.3. do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: número 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8 do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: si, de acordo co número 8.2. do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90731100.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e número 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 1.372.339,20 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 857.712,00 €. Importe total: 1.037.831,52 €.

6. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.

7. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.3. do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 22 de febreiro de 2016, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no número 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12 de xaneiro de 2016.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio