Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 1948

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 14 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos II e III da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Renove de ascensores), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código do procedemento IN532A).

O día 31 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Renove de ascensores), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código do procedemento IN532A). Xunto coa citada orde non se fixeron públicos os anexos II e III, polo que cómpre proceder agora á súa publicación.

En consecuencia co anteriormente exposto,

ACORDO:

Único. Facer públicos os anexos II e III da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Renove de ascensores), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código do procedemento IN532A).

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file