Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2348

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2016 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No Diario Oficial de Galicia núm. 247, do 29 de decembro de 2015, publicouse a Resolución do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No punto terceiro do «Resolvo» establécese que o prazo de presentación de solicitudes rematará o 12 de febreiro de 2016.

Tendo en conta que as solicitudes de axuda deben presentarse mediante formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na Oficina Virtual do Igape, e que o dito formulario estivo dispoñible con certo atraso, considérase conveniente ampliar o prazo de presentación de solicitudes ata o 19 de febreiro de 2016.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar ata o 19 de febreiro de 2016, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no punto terceiro do «Resolvo» da Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG núm. 247, do 29 de decembro) pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica