Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 30 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas denominadas LMTS, CT, RBT, O Arcebispo, no concello da Pobra do Caramiñal (expediente 168/2014).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 964 m, con orixe no paso aerosubterráneo proxectado no apoio de formigón existente do CT A Devesa-O Xobre (expediente 27.254) e final no centro de transformación que se vai instalar no lugar de Arcebispo, no termo municipal da Pobra do Caramiñal (expediente 168/2014), por Resolución desta xefatura territorial, do 26 de outubro de 2015, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 25 de febreiro de 2016 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Pobra do Caramiñal, deducida da que se someteu a información pública no DOG, no BOP e no xornal La Voz de Galicia do 19.6.2015, do 5.6.2015 e do 16.7.2015, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual e se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 30 de decembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña